2.010

Levaba un tempo apagado,
Dando voltas por a casa
A muller preocupada,
Pero home que che pasa?

Sen parí­a en ningún lado,
Sempre de adiante patrás,
Miña nai a preguntarme,
Pero raio, e logo que tras?

 

Glorioso San Juan Bautista,
Patrón do Pobo de Laza,
Dáme xeito, mau e pluma,
Para contar esta desgraza.

Morreu a burra do Alfredo,
De todos é conocido,
Por ser sogro do ex alcalde,
Pois é alcalde dimitido.

2.011

 

2.012

Veño aquí­ con carnefresca,
Aí­nda non sei si créelo,
Por fin teño un burro morto
Pero ben pensei non telo.

Fun falar co Santo Entroido,
Que é moi amigo meu,
Dixo, ti dálle á cabeza,
Que do burro encárgome eu.

 

Glorioso San Xoán Bautista
Patrón dista humilde Vila,
Subí­n a Picota en burro,
Es os Peliqueiros en fila.

Dende a casa da Paleanta
Arranquei cara a Picota,
Mirando as caras da xente,
O corazón me rebota.

2.013

 

2.014

Pensastes que non habí­a burro?
Pois estades apañados,
Teño burro e dos bos,
Dosdo dente regañado.

Este animal que vos digo,
Era do meu tí­o Pelona,
Era un burro moi amable,
Érache una gran persona.

 

Santo Entroido, Santo Entroido
Que entraches por a Cerdeiriña,
Fuches comendo a Cachucha
Do porco en cada cociña.

Chegaches farto ó Outeiro,
Como non che daban viño
agarraches pro Cruceiro,
e bebiches no poziño.

2.015

 

2.016

Querido Pobo de Laza,
Viñestes co día escuro
A escoitar con devoción
O testamento do Burro.
….
Máis este ano compañeiros,
Todo vai ser ó revés
Non morreu un burro solo,
Foron ó burato tres.