1.997

Veñan homes e mulleres
Solteiros, casados e viudos,
divorciados e arrimados,
e si hai algúns cornudos
que se anden con coidado
que eiquí­ as casas son baixas
e poden romar no tellado.

 

Morreu o burro do Enrique,
morreu o burro do Cheto.
Non lle dixo a naide nada,
quixo gardalo en secreto.

Moitas voltas deu o pobre
para sacalo do curral,
e andaba as agachadiñas,
por si o vía algún animal.

2.000

 

2.003

Vexo que viñestes todos
pra escoitar o Testamento,
pro denantes de empezar,
Imos logo facer recuento.

En representación do clero
O cura Don Luis Romero
Alí­ están os concellais
E o Alcalde Garcí­a Morais.

 

As tradicións son sagradas
No se poden olvidar
E en cada martes de Entroido
Veñovos a avisar.

Non se fala de outra causa
Morreu o burro do Rodas
Da enfermidade da pilila.

2.005

 

2.006

Nun barrio chamado a Rúa
Que está moi preto de aquí­
Pasou algo que contar
Na casa do Recarí­.

O burro do Serafí­n
Atopóuselle moi malo
O coitado do animal
Deulle en pelar o rabo.

 

O Testamento deste burro
Non puido caer mellor,
Nas mans do fillo da Emma
E do Fonso Ferrador.

Tendo o amo que tiña,
Sabendo o que lle agardaba,
Deixou un papel escrito
Por si acaso un dí­a finaba.

2.007

 

2.008

Este ano compañeiros
Ben puiden verme apurado
Pois non atopaba un burro
a que meterlle bocado.

Alá marchen o xulgado
En busca de información
Refollando unha por unha
As partidas de defunción.

 

Viña subindo a Picota
Cun saco de sentimentos
Mirando pras vosas caras
Ollei e vinvos contentos.

Ei ven o Testamenteiro
Coa súa garda pretoriana,
Un cento de Peliqueiros
Fanlle o camiño con gana.

2.009