O Entroido de Laza é a máxima expresión dun entroido diferente, enxebre. O seu éxito redunda na conservación dos actos que ao longo dos dí­as, e ao longo do ano, se van celebrando. Hoxe, igual que fai décadas.

Aquí­ verás unha pequeña mostra do que te atoparí­as no caso de que te achegaras a Laza. Entroidos hai moitos. O noso é único e incomparable, e de visita obrigada si eres un amante das tradicións enxebres e da cultura popular.

¿QUE É PARA OS VISITANTES?

Calquera que se achegue ao Entroido de Laza, comprobará o exquisito trato que vai recibir por parte dos veciños. Hai unha chea de persoas que ano tras ano anímanse a vir e a participar de todo o que significa o Entroido. Iso si, para vir a Laza , deberás de vir preparado con roupa vella, evitando vir como un mero observador. Calquera disfraz, é benvido. Eso si, non gastes moito nel, porque nón é un Entroido de “pasarela”.

O viaxeiro que se asome a Laza, pode ter unha sensación equí­voca polas formas e maneiras en que aquí­ se celebra a raiña das festas ancestrais. O mellor xeito de pasalo ben é involucrándose por completo nas orixes e na tracidión, que mantén o mesmo orixe das cousas.

Aquí­ non hai distinción de ningún tipo, non hai clases sociais, …, no Entroido de Laza somos todos un. Un mesmo ser que quere que esta tradición se manteña no paso do tempo.