Blog

Comunicado da Comisión do Entroido 2017

O Entroido foise e ainda seguimos traballando nel, e quizáis agora quede a parte máis duro para nós. Pero antes de que corramos o risco de olvidarnos, queremos darvos as gracias de corazón, POR TODO. A todos os que participastes, a todos os que quixestes botar unha man, a todos os que de maneira económica, en especie ou moralmente, nos prestastes a vosa axuda.

A todos G R A C I A S !!!

NOTA: E despois de dar as gracias, pedimos disculpas. Disculpas por eses erros, que os houbo. Porque lonxe do que vós pensedes, nós sabemos que houbo erros, e algún grave. Deste xeito, iranse tratando os leves nos vindeiros días para mellorar de cara ao 2018. Por eses erros que pudemos cometer, PERDÓN!

O que non podemos deixar pasar, como erro grave, foi a calidade da comida servida na carpa que permaneceu instalada durante os cinco días. Dende o venres, tivemos queixas de comensais que se acercaron a comer ou cear. Despois de falar cos responsables o sábado pola tarde para mellorar esta situación, ofrecéronnos novamente a todos unha mala Cabritada. E decimos a todos, porque membos desta Comisión viviron en 1ª persona a mala calidade ofrecida, lonxe do que no seu día lles foi contratado á Pulpería O Bo Xantar, responsable da carpa. Decirvos, que a mesma empresa estivo o ano pasado ofrecendo un excelente servizo, motivo polo que se confiou nela para esta edición 2017 e con máis motivos para non entender o sucedido.

Por todo isto, esta Comisión NON foi responsable da mala calidade e servizo da carpa, pero sí estamos na obriga de dar a cara, asumir o erro grave e pedirvos disculpas a todos os afectados. Asumimos este erro e traballaremos novamente para recuperar a vosa confianza.

0
  Artigos relacionados
  • No related posts found.

Add a Comment