Blog

Concurso “CARTEL Entroido 2017”

A Asociación Cultural enLAZAdos, organizadora do Entroido 2017, sacou a concurso o Cartel Promocional do vindeiro Entroido.

Si estás interesado, podes consultar as bases entrando na web de enLAZAdos, ou ben directamente a través da seguinte ligazón aquí.

O premio para o gañador será de 100€ que, sendo una cantidade pequena para un concurso de carteis, supón un gran esforzo nos presupostos nos que se manexa a Comisión do Entroido 2017 que, como anteriormente comentamos, está formada pola asociación.

Entre os requisitos que se precisan, a organización valorará o espíritu e o sentimento que sexa capaz de transmitir o cartel.

Oxalá moitos sexan os participantes que se atrevan a dar libertade á imaxinación e decidan participar.

Moita sorte a todos!
0
  Artigos relacionados
  • No related posts found.

Add a Comment